OS DITOSOS ANOS DO CASTIGO. FLEUR JAEGGY

Esta breve novela de Fleur Jaeggy, editada como novidade en Rinoceronte, fascinoume.
Ambientada nun internado suizo de mozas (no que se vive a sensación de opresión, falta de liberdade, soidade...) a protagonista da historia rememora o seu paso por dito lugar, as relacións entabladas coas compañeiras, coa directora do centro...
É un libro de sentimentos, sensacións, mencións directas a recordos evocados ou suxeridos. 
A admiración da protagonista por unha moza que chega nova (Fréderique) pola que sente unha forte paixón centra boa parte da historia.
Sensualidade, desexos frustrados, soidade, adeuses... configuran unha obra intensa, densa e profunda.
Moi recomendable.

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total

Bruk