UN MUNDO DE PALABRAS. AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

É deses libros que non puiden deixar de ler desde que caeu nas miñas mans.
É unha recompilación de artigos e conferencias de A. Fernández Paz que teñen en común o profundo amor pola lectura, pola palabra. A "sede de ler" plásmase en gran parte das páxinas, feito que defendeu Agustín con paixón como unha necesidade vital dos lectores.
Obras literarias, consellos para incentivar ós xóvenes a ler, experiencias persoais do escritor, profesor, lector... é un deses textos que che dan ganas de recomendar inmediatamente, reler e subliñar.
É un libro máxico que contaxia as ganas de defender o importante que é ler para a nosa felicidade persoal e tamén para facer un mundo máis xusto.
A defensa do papel das Bibliotecas, da lectura en alto, reflexións sobre o inadecuado das lecturas obrigatorias... son algúns elementos salientables.
En Xerais esta escolma de magníficos textos.

0 comentarios:

Blog
DesordenadasLecturas
de
Beatriz González López
gonlobea@gmail.com

Buscador

Entradas antiguas

Seguidores

Traductor

Vistas de página en total

Bruk